Valdoviño celebra o Día da Muller con teatro, conversas para ser e contar e unha exposición sobre igualdade

Neste 8M, e cada día, o Concello quere reafirmar o seu compromiso na loita polos dereitos sociais

Valdoviño, 8 de marzo de 2022. Baixo o lema Somos e Contamos, o Concello de Valdoviño celebra o Día Internacional da Muller con teatro, charlas, exposicións e unha declaración institucional na que reafirma o seu compromiso na loita polos dereitos sociais e que, dende hoxe, comparte a través da web municipal.  

A programación continuará o vindeiro martes, 15 de marzo, coa inauguración da exposición «Nosoutras somos arte» na Casa da Cultura. Unha mostra sobre igualdade no que o público poderá achegarse ó traballo realizado durante as últimas semanas nas aulas polo alumnado do Punto de Atención á Infancia, as escolas unitarias do CRA O Esquío e o CPI Atios. Poderá visitarse, con entrada libre, ata o 31 de marzo, en horario de de luns a venres de 12 a 14 h e de luns a sábado de 17 a 19 h.

Así mesmo, o venres 25, a compañía Artesa representará a súa obra «Chola, a It Girl» a partir das 20,30 h. Unha historia reivindicativa con moito humor, tradición e identidade que busca a esencia da muller do rural e tamén do medio co fin de poñelo en valor. Chega a Valdoviño da man da Deputación provincial, e está dirixida a un público maior de 16 anos. 

E, pechando a programación, o mércores 30, primeira sesión das Conversas para Ser e Contar. En formato online, e a patir das 17 horas, o Concello programa a charla «Falamos de sexualidade. Conéctate con cabeza», dirixida a familias con fillos e fillas pequenos/as e adolescentes, así como ó público en xeral. Será impartida por SEDRA (Federación de Planificación Familiar).

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL