Valdoviño aposta polas enerxías renovables en dous dos seus equipamentos deportivos

As melloras afectaron ao pavillón do Longoiro e ao campo de fútbol municipal de Mourente

Valdoviño, 18 de agosto do 2026. O Concello de Valdoviño completou as obras de optimización da eficiencia enerxética en dúas das instalacións deportivas municipais. Así, en liña coa directiva europea, apostou por cambiar as antigas caldeiras de gas Pavillón do Longoiro e máis do campo de fútbol de Mourente. por bombas de calor para a xeración de auga quente.

A administración local investiu algo máis de 83.000 euros na substitución dos antigos calderíns por instalacións de aerotermia centralizada para alimentar de auga quente sanitaria dos vestiarios dos dous equipamentos deportivos. Con este fin, instaláronse en cada un dos edificios dúas bombas de calor e dous acumuladores de 750 e 1000 litros de capacidade.

A aerotermia resulta moito máis eficiente que o gas natural, consumindo as bombas de calor ata un 75% menos electricidade para funcionar. Ademais, reduce as emisións contaminantes e elimina os riscos de combustión, aproveitando a enerxía renovable do aire.

A administración local acadou unha axuda de 48.344 euros (24.172 € por intervención) dentro da convocatoria que lanza o INEGA, con fondos concedidos polo Goberno de España, para proxectos de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.