Valdoviño activa un servizo de asesoramento para persoas emprendedoras do sector pesqueiro e marisqueiro
A iniciativa funcionará durante os meses de setembro e outubro nos tres concellos promotores do proxecto Emprendepesca
Valdoviño, 1 de setembro do 2022. Valdoviño ofrecerá durante os meses de setembro e outubro asesoramento para axudar ás persoas do sector pesqueiro e marisqueiro da zona que queiran emprender. O servizo, orientado tanto a fomentar a posta en marcha de novos negocios como a ampliar liñas de traballo dos existentes, forma parte do proxecto Emprendepesca, que lideran os concellos de Cariño, Cedeira e Valdoviño.
O novo servicio brindará a axuda necesaria a proxectos emprendedores que precisen dun asesoramento integral, e ademais atenderá consultas puntuais ou específicas. En calquera caso, será un asesoramento individualizado, que abarcará, entre outras temáticas, a información sobre trámites legais e administrativos para poñer en marcha unha actividade, como facer un plan de viabilidade e un plan financeiro, fontes de financiamento existentes…
E para beneficiarse deste servizo, que tamén se activará nos outros dous municipios de Emprendepesca, a persoa interesada só terá que solicitar atención a través do correo electrónico emprendepesca21@gmail ou no teléfono 664 538 215.
A iniciativa forma parte das accións incluídas no “Programa de valorización da pesca sustentable, e para o impulso do emprendemento, prioritamiente na transformación, no sector pesqueiro nos concellos de Cariño, Cedeira e Valdoviño. Emprendepesca”, promovido polas tres administracións locais e financiado co Fondo Europeo e Marítimo da Pesca, a través do GALP a Mariña-Ortegal. Os emprendedores e emprendedoras poderán tamén consultar e descargar recursos de axuda para pór en marcha a súa empresa a través da súa web emprendepesca.gal.