Valdoviño activa un amplo operativo de seguridade e mobilidade pola eclipse
Preto de medio cenetenar de persoas participaran no operativo este 12 de agosto
Valdoviño, 10 de agosto do 2026. Preto de 50 persoas participarán este mércores no dispositivo que despregará o Concello de Valdoviño con motivo da eclipse solar. O obxectivo, garantir a seguridade e a mobilidade ante os numerosos desprazamentos e a afluencia de veciños e visitantes que se espera na franxa litoral da localidade para desfrutar do fenómeno astronómico.
O alcalde, Alberto González, presidía a finais da semana pasara unha reunión preparatoria coa participación dos edís de Planificación Territorial e Servizos, Sergio Saavedra e Benito Vega, respectivamente, e os responsables de Policía Local, Protección Civil, servizo de socorrismo e servizo de obras e mantemento.
O encontro serviu para repasar e revisar as principais medidas incluídas no Plan de actuación en referencia ao eclipse do 12 de agosto no Concello de Valdoviño, asinado o 14 de xullo, e definir as pautas as pautas de actuación nos puntos do municipio nos que se espera maior afluencia de público como pode ser a contorna da praia da Frouxeira.
Restrinxirase o acceso rodado a zonas sensibles, regularase o tráfico e estacionamentos, reforzarase a presenza de socorristas nos areais… En definitiva, haberá un seguimento permanente do evento e o conxunto dos servicios municipais implicados, que actuarán de forma coordinada e contando co reforzo da Garda Civil de Valdoviño e, no seu ámbito de influencia (a zona do faro) da Policía Portuaria.
Bando municipal
En liña co abordado na reunión, o alcalde de Valdoviño ditou un bando lembrando as restricións en materia de tráfico e mobilidade e outras, que serán de aplicación durante a xornada do eclipse e que, nalgúns casos, estenderanse aos días previos.
Así, lembra a prohibición do baño nos areais durante a eclipse, agás en zonas que poidan ser habilitadas polo servizo de socorrismo. Recorda ademais a prohibición de acceso en vehículo- excepto autorizados- ás baterías de Campelo, á estrada da Costa entre Valdoviño e Marnela e tamén entre o Baleo e A Veiga, aos camiños cara a espazos costeiros como Punta Frouxeira, Porto Carrizo, O Baleo e Punta Chirlateira. A maiores, cómpre apuntar que os accesos ao parque eólico permanecerá pechados pola empresa.
O mandato público recolle tamén a prohibición de acceso peonil a cantís, e máis ás antigas construcións militares de Campelo e Punta Frouxeira, e prohibe dende hoxe mesmo a pernocta en todo tipo de vehículos fora das zonas habilitadas e autorizadas, lembrando ademais que vehículos como buses, autocaravanas, camións deberán estacionar nas proximidades das estradas autonómicas.
A eclipse na web
Finalmente, apúntase dende o Concello que todas as persoas que non poidan achegarse a ver a eclipse na localidade poderán seguir o fenómeno a través da cámara web da Frouxeira, á que se accede a través da páxina web municipal.
