Valdoviño acollerá unha sesión formativa para achegar a Administración dixital á veciñanza

Celebrarase este luns 21 de novembro ás 11:00 h na Casa da Cultura

Valdoviño, 18 de novembro do 2022. O Concello de Valdoviño acollerá este luns 21 de novembro unha sesión informativa e formativa da campaña “La Administración cerca de ti”, que impulsa o Ministerio de Política Territorial para achegar a Administración dixital á veciñanza, especialmente entre aquela poboación maior de 60 anos. Celebrarase na Casa da Cultura, ás 11:00 horas, aberta á cidadanía. 

O obxectivo será fomentar e axudar aos asistentes no uso das ferramentas eléctrónicas dispoñibles. En concreto, informarase entre outros aspectos das vantaxes da Carpeta Cidadá cuxa aplicación lanzou o Goberno. Así mesmo, facilitarase a todos os presentes a obtención in situ dos medios de identificación e firma dixital que permitirá o acceso aos servizos públicos evitando desplazamentos innecesarios e o custe económico que representa. Sobre todo, informarase daqueles trámites e xestións de maior utilidade que a veciñanza pode realizar a través de medios telemáticos, dende consultar a vida laboral ata revisar os puntos do carnet ou descargar unha certificación catastral. 

A sesión está organizada pola Subdelegación do Goberno na Coruña co apoio do Concello de Valdoviño.