Valdoviño acollerá un obradoiro sobre o potencial das redes sociais dirixido a persoas autónomas, emprendedoras e pemes

A iniciativa, que impulsa a Oficina Acelera Pyme Rural da Deputación, é gratuíta, con inscrición previa, e celebraraxe o xoves 3 de outubro

Valdoviño, 25 de setembro do 2024. Valdoviño acollerá o xoves 3 de outubro un obradoiro dixital sobre o potencial das redes sociais dirixido a empresas e persoas autónomas. Celebrarase na Biblioteca Municipal en horario de tarde, a partir das 19 horas. É gratuíto, pero con inscrición previa. Pode facerse online: https://acelerapymeruraldacoruna.es/evento-pantallas-y-oportunidades/, a través do teléfono 881 045 898 ou do correo oaprural@dacoruna.gal.

Raquel López, publicista e experta en Márketing, será a encargada de guiar o taller, que organiza a Oficina Acelera Pyme Rural da Deputación da Coruña.

O obxectivo da iniciativa é achegar a utilidade e eficiencia dos perfís en RRSS ás persoas autónomas, emprendedoras e pemes, aportando unha folla de ruta práctica, factible e real para o tecido empresarial rural na zona de influencia do municipio. Para isto, daranse a coñecer ferramentas para impulsar a presenza nas redes sociais e nos diversos espazos dispoñibles nas canles dixitais.