Valdoviño acollerá un dos cursos de defensa persoal feminina que promove a Deputación
Aberta a inscrición na acción que, dirixida a mulleres de 12 a 75 anos, se celebrará no pavillón O Longoiro o 10 de outubro de 10 a 13 h
Valdoviño, 23 de setembro do 2026. Valdoviño será unha das sete sedes dos seminarios intensivos de defensa persoal feminina que organiza a Deputación Provincial da Coruña. Están dirixidos a mulleres de idades comprendidas entre os 12 e os 75 anos, e no caso do municipio, celebrarase no pavillón municipal O Longoiro o 10 de outubro, cunha duración de tres horas, de 10:00 a 13:00 horas. A actividade é gratuíta, e as prazas son limitadas.
Para anotarse na acción, que impartirá a Escola de Defensa Persoal e Policial HKF, a Deputación habilita un formulario online, https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeqrVl0k1oQSGgJyjwqC_LLetclKVap4447G7Ns_FTtMtXEng/viewform aínda que tamén ofrece a oportunidade de facelo presencialmente no departamento municipal de Servizos Sociais. Ata o 8 de outubro -se as prazas non se cubren antes-.
Terán preferencia as persoas empadroadas en Valdoviño, e finalizado o prazo de inscrición, enviarase un correo de confirmación de praza. No caso de que a persoa participante sexa menor de idade será imprescindible realizar a inscrición online e entregar aos responsables da actividade o día do seminario a autorización asinada pola persoa representante legal.
