Valdoviño acollerá este sábado a proxección do documental “The Old, the Young and the Sea”
O pase, organizado pola escola Camino Surf, terá lugar ás 19 horas no auditorio da casa da cultura, con entrada libre
Valdoviño, 8 de febreiro do 2023. No marco do programa de fomento do deporte en Valdoviño que estableceu o Concello para a concesión das licenzas de actividade para as escolas de surf, Camino Surf convida á cidadanía a asistir este sábado ás 19:00 horas á proxección do documental «The Old, the Young and the Sea». Unha premiada produción dirixida por Mario Hainzl e Andreas Jaritz que serve de escaparate da costa atlántica de Francia, España e Portugal e da súa cultura, industria vencellada ao surf e da relación das súas xentes coa natureza. Entre outras testemuñas, o filme conta coa participación de Kepa Acero, Garrett McNamara, Tim Boal ou Artiz Aranburo. A entrada é libre.
Comentarios