Valdoviño acollerá en xuño un curso de waveski surfing organizado polo Náutico Folixa
Inscricións abertas na acción, que impartirá o campión Iván Pena
Valdoviño, 27 de maio de 2022. Valdoviño acollerá a próxima semana un curso de waveski surfing organizado polo Club Náutico Folixa co patrocinio do Comité Nacional de Waveski e a Federación Galega de Piragüismo e o apoio do Concello. Celebrarase os sábado 4 e domingo 5 de xuño, na praia da Frouxeira, impartido por Iván Pena, director do Xtreme Pantín Waveski, campión do mundo SUP ICF Máster 2019 e campión do mundo waveski Tag Team 2016. Iniciador de piragüismo, instructor internacional IOSUP, tamén é técnico deportivo en surfing. Un extraordinario currículum para guiar a acción formativa, que contará con fase teórica e práctica.
As inscricións están abertas, e para formalizala ou ampliar información ou realizar calquera consulta, o Club Náutico Folixa pon a disposición das persoas interesadas o correo nauticofolixa@gmail.com e teléfono 655 221 544.