Valdoviño acollerá a presentación de BNI Atlas, un novo grupo de networking empresarial aberto a firmas e autónomos

O acto, con inscrición previa, celebrarase o venres 2 de decembro na casa da cultura, con cea posterior no restaurante Brisas

Valdoviño, 25 de novembro do 2022. Valdoviño acollerá o próximo venres 2 de decembro ás 20:00 horas a presentación oficial de BNI Atlas. Un novo grupo de networking empresarial no municipio co que ir construíndo unha rede de relacións profesionais que potencie a colaboración entre empresas e persoas autónomas e na que o compromiso común resulte beneficioso para todos. Para iso, celebran reunións con carácter semanal no restaurante Brisas, os venres ás 7:00 horas -para non interferir na actividade profesional-. 

BNI Atlas nace cunha trintena de negocios de moi diversos sectores de actividade. O grupo aposta por sumar colaboracións e crear novas sinerxias que redunden en beneficio de todos os asociados. Para iso, convida a emprendedores, autónomos e empresas a coñecer de preto o proxecto participando no acto de presentación na casa da cultura, que irá acompañado dunha cea de confraternidade posterior no mesmo restaurante Brisas á que asistirá o alcalde de Valdoviño, Alberto González. 

Iso si, é preciso inscribirse previamente a través do teléfono 653 829 973 ou correo atlas@bnigalicia.com. O cota é de 50 euros.