Valdoviño acolle a exposición do XIX Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica

Poderá visitarse na casa da cultura ata o 20 de febreiro

Valdoviño, 3 de febreiro do 2026. Valdoviño acolle dende hoxe a exposición do XIX Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica 2024. Con entrada libre, poderá visitarse ata o 20 de febreiro na casa da cultura, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.

A mostra está conformada por unha selección dos traballos presentados ao concurso que promove a Deputación da Coruña en recoñecemento á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez. Entre outros, a serigrafía “A la deriva II”, do compostelán José Andrés Santiago, gañadora da XIX edición, así como “Nómadas en el país de las tentaciones”, de Manuel Moreno, e “S/T (at lunchtime)” de Claudia Regueiro Puigdevall, ás que o xurado concedía dous accésits.