O Concello de Valdoviño acada máis de 246.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética do edificio municipal de usos múltiples
Trátase dunha axuda do Ministerio de Transición Ecolóxica e do IDAE
Valdoviño,10 de marzo de 2023. O Concello de Valdoviño vén de conseguir o apoio económico do Ministerio de Transición Ecolóxica e o IDAE para o desenvolvemento de obras de mellora enerxética no edificio municipal de usos múltiples, onde se atopa, entre outros servizos, o centro sociocomunitario de Valdoviño. As actuacións permitirán mellorar a eficiencia enerxética do inmoble, facéndoo máis confortable e, ao tempo, contribuirán reducir a factura eléctrica.
A administración local disporá dunha subvención de 246.272 euros para acometer este proxecto, que ten como piar central a redución do consumo enerxético do citado edificio municipal, apostando pola rehabilitación da súa envolvente térmica. Así, optimizarse o illamento térmico na fachada, na cuberta e máis no solo do inmoble. Ademais, se substituirán as luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía led e, no que atinxe á ventilación, instalarase un recuperador de calor.
O segundo piar do proxecto é a substitución do termo eléctrico del inmoble por unha bomba de calor de aerotermia, e o cambio dos sistemas de calefacción e refrixeración actuais (radiadores eléctricos e calefactores) por unha bomba de calor de aerotermia con ventiloconvectores.
A axuda concédese no marco no marco da convocatoria impulsar para proxectos singulares locais de enerxía limpa do “Programa de Desarrollo Urbano Sostenible” (DUS 5000), financiado polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dentro dos fondos Next Generation. A iniciativa permite dar continuidade as accións do goberno local para avanzar cara a modelos máis eficientes e sostibles que permiten un aforro ás arcas municipais a través da redución das facturas de subministros.