Valdoviño abre inscricións no obradoiro “Benestar emocional na familia”
Gratuíto, celebrarase o 16 de abril de 16:30 a 18:30 h na casa consistorial
Valdoviño, 12 de marzo do 2026. O Concello de Valdoviño, xunto ao centro Quérote+, organizará o xoves 16 de abril o obradoiro “Benestar emocional na familia”. Persoal técnico do centro dependente da Xunta encargarase de guiar a sesión, que se celebrará na casa consistorial de 16:30 a 18:30 horas. É de balde, con prazas limitadas e inscrición previa no departamento municipal de Servizos Sociais (planta baixa da casa consistorial, teléfono 981 48 70 41 extensión 5 ou correo servizos.sociais@concellodevaldovino.com). Ata o 10 de abril.
No obradoiro falarase da xestión emocional na familia, creando un espazo de diálogo no que se abordarán as ferramentas coas que contan as familias no seu día a día para afrontar as diferentes situacións. Tamén se tratarán casos prácticos e ofreceranse algunhas recomendacións de lectura.
