Valdoviño abre inscrición en Concilia Deportes Nadal

O programa municipal está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos

Valdoviño, 5 de decembro do 2025. O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición en Concilia Deportes Nadal 2026, os campamentos cos que botar unha man ás familias á hora de compatibilizar obrigas laborais e familiares durante as próximas vacacións escolares. Repite escenario, e celebrarase no pavillón municipal do Longoiro, e amplía algúns días o calendario, que queda así: 22, 23, 24, 26, 29 e 30 de decembro, e 2 e 5 de xaneiro, en horario de 8:00 a 14:00 horas (e posibilidade de entrada entre as 8 e as 10 h). Está ideado para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos (cumpridos este ano), e o custe da actividade é de 22,12 euros por participante.

Entre as actividades, haberá todo tipo de deportes e obradoiros. Cada día, unha diferente. Tenis, bádminton, atletismo, baloncesto, fútbol, xogos tradicionais, golf… e talleres de decoración e de cociña, cine de Nadal, festas temáticas ou xogos con música…

As inscricións poden realizarse ata o 12 de decembro -incluído-, tanto na casa consistorial como a través da sede electrónica e a ficha pode descargarse da web municipal.

En caso de que a demanda exceda a oferta de prazas, terán prioridade os nenos e nenas empadroados/as en Valdoviño.

FICHEIRO INSCRICIÓN