Valdoviño abre as portas da súa Oficina de Turismo
Sita na Porta do Sol, atenderá ao público os 7 días da semana
O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que a Oficina Municipal de Turismo abriu hoxe súas portas de cara á tempada estival. Estará operativa os sete días da semana grazas á incorporación de dous técnicos de turismo, contratados ao abeiro dunha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña.
Durante catro meses, non só se limitarán a atender as consultas de visitantes e turistas mañá e tarde senón que tamén tomarán parte en iniciativas de promoción e dinamización turística. Así as cousas, o horario da Oficina de Turismo, ubicada na Porta do Sol, será: os luns de 11 15 horas; martes de 15 a 19 horas, e de mércores a domingo de 11 a 19 horas.
Comentarios