Image Alt

Oficina técnica

  /    /  Oficina técnica

Oficina técnica

A Oficina Técnica municipal, integrada polo arquitecto municipal e un arquitecto técnico, está á disposición da veciñanza e de empresas para resolver todo tipo de dúbidas relacionadas co urbanismo na localidade, a execución de proxectos de edificación ou a ordenación municipal.


A cidadanía poderá acudir a este servizo na procura de axuda práctica sobre procedementos, requisitos ou documentación sobre proxectos ou solicitudes que queira realizar en materia urbanística.


É o departamento encargado de informar sobre os permisos para a execución de obras de particulares e de supervisar os proxectos impulsados polo propio Concello.

Estamos en

Casa Consistorial, Porta do Sol, 25; 2º andar

oficina.tecnica@concellodevaldovino.com

Horario de atención ao público

Venres de 09:00 a 13:00 (PREVIA CITA)

Teléfono

981 487 041