Un total de 44 parellas disputarán este sábado o V Torneo de Tenis Praia de Valdoviño
A competición organizada pola Concellería de Deportes celebrarase na Frouxeira, dende as 10:00 e ata as 20:00 horas
Valdoviño, 27 de xuño do 2025. Un total de 44 parellas disputarán este sábado 28 de xuño a quinta edición do Torneo de Tenis Praia do Concello de Valdoviño. Faranno nas categorías feminina e masculina, mixta, infantil e familias. A competición arrincará sobre as 10:00 horas na praia da Frouxeira, e os encontros sucederanse ao longo de toda a xornada, concluíndo coa entrega de premios contra as 20:00 horas. No portal web de Ibertenis, están dispoñibles horarios e partidos: https://www.ibertenis.com/tenis/torneos/1386/
A cita, que organiza a Concellería de Deportes que dirixe Sergio Saavedra, conta co apoio da Escola de Tenis Justo al Revés, escola que ao longo do ano guía as clases de tenis no pavillón municipal O Longoiro, e que tamén estará ao fronte desta actividade no verán, no marco da programación OcioSol 2025.
Por último, o Concello anima á veciñanza a achegarse ao areal e seguir os encontros en directo.
