Un centenar de parellas disputará “I Torneo de tenis praia Concello de Valdoviño- Escuela Justo al revés”

A competición desenvolverase ao longo deste domingo no areal da Frouxeira

Preto dun centenar de parellas competirán este domingo na praia da Frouxeira no “I Torneo de tenis praia Concello de Valdoviño- Escuela Justo al revés”. Xogadores e xogadoras procedentes de toda a provincia  mediranse neste nova competición, pensada para promocionar este deporte de raqueta e de área.

A cita, que arrincará a primeira hora da mañá,  desenvolverase ao longo de toda a xornada no tramo de areal máis próximo á Piscina. O torneo acadou sumar nesta primeira edición a deportistas de todas as idades, a maioría da comarca de Ferrolterra, pero tamén chegados doutros puntos da xeografía coruñesa.

Apuntan dende a Concellería de Deportes de Valdoviño, impulsora da iniciativa, que o torneo de tenis praia disputaranse na modalidade de dobres e nas categorías de Nais/ pais e Fill@; absoluta masculina, feminina e mixta; e dobres xuvenil. Haberá premios para os campións e subcampións de cada unha.

A proba, coorganizad coa Escola Justo al revés, busca promocionar a presenza do deporte na praias de Valdoviño, así como contribuír a potenciar o interese na comarca por esta espectacular disciplina de raqueta. Deste o departamento municipal confían, en vista da boa acollida rexistrada, que a proba poida consolidarse no tempo. O torneo de tenis praia servirá de prólogo a unha semana na que o deporte de máximo nivel toma A Frouxeira, coa celebración do Campionato de España de Surfing 2021.