Últimos días para sumarse á Escola de Familias
Inscrición aberta no departamento municipal de Servizos Sociais
Mellorar as habilidades educativas e a xestión da comunicación familiar e reforzar as competencias relacionadas coa educación dos fillos e fillas son os obxectivos da “Escola de Familias de Valdoviño”, novo proxecto que porá en marcha o Concello en colaboración coa asociación Asfedro.
Con participación gratuíta, o prazo para que as familias (con fillos e fillas de calquer idade) se sumen está aberto no departamento municipal de Servizos Sociais, no 981 48 70 41 extensión 5, e conclúe o martes 27 de abril. As sesións arrancarán no novo centro sociocomunitario o xoves 29 de abril, e a partir de aí celebraranse novas xuntanzas os xoves 6, 13, 20 e 27 de maio. Sempre, en horario de 16,30 a 18 horas.
A través deste proxecto, crearase xunto ás familias un espazo de reflexión e de intercambio de experiencias no que se abordarán os seguintes temas: a comunicación familiar e os estilos educativos; normas e límites; prevención de condutas aditivas (adicións con substancias e adicións comportamentais), e riscos das novas tecnoloxías da información e da comunicación.