Últimos días para que as familias de Valdoviño soliciten as axudas municipais de apoio á escolarización
As subvencións van dirixidas especialmente ás unidades familiares con menos recursos do municipio
As familias de Valdoviño con recursos económicos máis limitados que conten con fillos estudantes aínda están a tempo de solicitar as axudas que concede o Concello para apoiar a adquisición de material para o estudo e máis para o transporte. O trámite pode realizarse no rexistro xeral ou telematicamente ata este luns.
O Concello reserva 25.000 euros para esta convocatoria de subvencións para favorecer ás persoas empadroadas no municipio que, pola súa capacidade económica, teñen maiores dificultades para afrontar os gastos derivados da escolaridade e para acceder aos recursos de atención preescolar que faciliten a conciliación de vida persoal e obrigas laborais.
A convocatoria municipal contempla axudas para material funxible, deportivo e complementario (45 ou 90 euros, segundo o umbral económico); e subvencións para adquirir material tecnolóxico (150 ou 300 euros). Poderán beneficiarse as familias que, cumprindo os requirimentos económicos e estando ao corrente das súas obrigas fiscais, teñan fillos ou fillas que cursen estudos de infantil, primaria ou secundaria nos centros educativos locais, ou ben mozos que cursen bacharelato ou formación profesional en concellos próximo ou estuden nas universidades de Galicia -ata os 21 anos incluídos-.
Precisamente para o alumnado que ten que desprazarse habilítase tamén unha liña de subvención ao transporte, cun importe de 100 euros. Finalmente, dispóñense axudas para apoiar ás familias que van utilizar o Punto de Atención á Infancia de cara ao curso 2021-2022.