Últimos días para anotarse na ruta de “Móvete en Valdoviño” por Pantín e Vilarrube

A inscrición debe formalizarse no enderezo deportes@concellodevaldovino.com ou enviando un Whatsapp ao número 626465531

As persoas interesadas en tomar parte da nova ruta do programa «Móvete en Valdoviño» que se desenvolverá este sábado por Pantín e Vilarrube poden anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodevaldovino.com ou un whatsapp ao número 626465531 sinalando nome e apelidos, DNI, data de nacemento, localidade de empadroamento e teléfono de contacto. O prazo conclúe este xoves e as prazas están limitadas a 50.

A ruta dará comezo ás 10 horas e o punto de partida especificarase ás persoas inscritas. Sen dúbida, a mellor forma de coñecer Valdoviño e a súa contorna natural e, ao mesmo tempo, fomentar hábitos saudables a través do deporte.

Nesta liña, a situación derivada da COVID-19 obriga ao Concello a formular unha serie de recomendacións imprescindibles para tomar parte nas rutas como son: o uso obrigatorio de mascarilla e levar nas rutas un pequeno bote con líquido desinfectante para as mans. Así mesmo, cada participante levará o seu propio material deportivo e a súa bebida e comida. Durante a marcha, é recomendable camiñar en paralelo cunha distancia mínima de 1,5-2 metros (en caso de que non sexa posible manter esta distancia debido á existencia de vías estreitas farase en fila de un, respectando as distancias entre o anterior e o seguinte participante). As paradas de descanso que se realizarán durante a ruta serán en lugares amplos onde se poidan manter as distancias de seguridade e, se algún participante necesita algún tipo de axuda, para acceder a algún lugar, será obrigatorio a posterior desinfección das mans.

Como recomendacións xerais para asistir á ruta, a Concellería de Deportes lembra a importancia de levar: mascarilla e xel hidroalcólico (obrigatorio); roupa e calzado cómodo; gorra, visera ou similar; protección solar; auga e algún alimento (froita, barrita enerxética, etc), e chuvasqueiro (dependendo das condicións climatolóxicas).