Teatro Avento representará este domingo en Valdoviño “Ummm! Unha comedia musical para chupar os dedos”

Retirada de invitacións ata o xoves de 11 a 14 e de 16 a 18 horas

Nova cita cultural en Valdoviño este domingo 21 de marzo. A compañía Teatro Avento trae á Casa da Cultura a súa función «Ummm! Unha comedia musical para chupar os dedos». Trátase dun espectáculo dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 7 anos e ás familias, con cancións, bailes e cores que arroupan unha historia sobre as diferencias, a autenticidade e o valor de traballar en equipo para aprender a ver o mundo cos ollos do outro.

Dará comezo ás 18 horas e para asistir é preciso retirar invitación previamente. Pode facerse ata o xoves (ou completar aforo) na Casa da Cultura en horario de 11 a 14 e de 16 a 18 horas. 

A función inclúese na Rede Cultura da Deputación Provincial da Coruña.