Talía Teatro representará este venres en Meirás “Morte accidental dun anarquista”

O Concello convida á veciñanza a asistir á función no local social ás 20:30 h

 Valdoviño, 22 de novembro de 2023. O Concello de Valdoviño leva este venres a Meirás a súa programación cultural. Coa colaboración da AVV, e o apoio da Deputación provincial da Coruña, programa a peza «Morte accidental dun anarquista», con Talía Teatro. A función, aberta ao público adulto e con entrada de balde, dará comezo ás 20:30 horas. 

A peza baséase dunha das obras máis coñecidas do dramaturgo italiano Darío Fó, que a compañía galega interpreta e reinterpreta. Está dirixida por Candido Pazó, e protagonizada por Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos.