O Concello de Valdoviño contará co seu Consello Local de Memoria Democrática
A corporación daba luz verde á moción do BNG e tamén ás do PP relativas á modificación do regulamento de Costas e os ataques dos lobos
A Deputación impulsa a creación dunha nova senda ciclable na batería de Campelo, en Valdoviño
O proxecto, integrado no PSTD Centro Histórico de Ferrol e Patrimonio Militar da Costa Ártabra, conta cun investimento de máis de 78.000 euros, que serán financiados con fondos europeos
O Concello de Valdoviño saca a contratación a terceira e última fase das obras de ampliación do Centro Sociocomunitario
A Administración local investirá máis de 1,3 millóns para a construción da segunda planta que albergará o centro de día
O Concello de Valdoviño incorpora 37 novos núcleos rurais permitindo a máis de 500 propietarios edificar nas súas propiedades
O alcalde, Alberto González, destaca que a medida, na que o Concello traballa dende 2018, facilitará o crecemento urbanístico do Concello
O Concello dá luz verde á aprobación provisional da delimitación de 37 novos núcleos rurais
A corporación volveu someter a votación a medida tras realizar as modificacións solicitadas hai tres meses pola Xunta ao documento aprobado pola Administración local en febreiro de 2024
O estudantado de Arquitectura recolle as súas propostas de intervención urbanística en Vilarrube na mostra “Segundo asalto”
Nun acto aberto á veciñanza, o alumnado da Escola Técnica Superior da Coruña inaugura exposición este venres ás 18:00 h na casa da cultura
O Concello de Valdoviño mellorará o firme dos camiños da Bedoxa e de Donelle-A Furada cun investimento de 69.473,17 euros
O alcalde, Alberto González, avanza que as obras, en fase de contratación, financiaranse con cargo á liña de subvencións de Agader
Vilarrube cóase nas aulas de Arquitectura e o alumnado formulará propostas de intervención para a posta en valor de espazos da parroquia
Preto de 140 estudantes asistían esta mañá a unha charla a cargo do alcalde, Alberto González, e realizaban unha visita posterior a diferentes lugares sobre os que plantear os seus proxectos
O Concello licita a construción da pista polideportiva e 2 pistas de pádel cubertas e céspede artificial do Espazo Deportivo Atios
A intervención requerirá dun investimento de 359.580,52 euros
A Casa da Cultura acolle unha mostra coas propostas de intervención ideadas polos estudantes de Arquitectura para Monte Campelo
Poderá visitarse ata o 30 de setembro de luns a venres de 10 a 14 horas
