Os novos talentos do jazz contemporáneo actuarán en agosto na costa ártabra
O festival amplía a cinco días o seu cartel de concertos e actividades en escenarios privilexiados de Valdoviño, Cedeira, Neda e Narón
Valdoviño celebra este sábado o seu II Mercado Ecolóxico e de Consumo Responsable
A cita terá lugar na Porta do Sol, de 10:00 a 15:00 h, cunha vintena de postos de venda e unha morea de actividades de lecer complementarias
Xurxo Souto presenta este xoves en Valdoviño a súa última obra “Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta”
O acto celebrarase no auditorio ás 19:30 h, con interpretación do ex vocalista da mítica banda de rock Os Diplomáticos de Monte Alto
Valdoviño celebrará este sábado en Vilarrube a súa A XXI Mostra das Asociacións
Máis de 220 veciños e veciñas tomarán parte no xantar popular
“Encrucillada” compartirá co público de Valdoviño os temas de “De Volta!”, o seu último disco, nun concerto no exterior da Casa da Cultura
Celebrarase este venres a partir das 19:30 h, e inclúese na programación deseñada polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas
Proxección do traballo documental “Chicas Nuevas 24 horas” este venres en Valdoviño
O pase da longametraxe sobre o negocio da explotación sexual de nenas e mulleres terá lugar no auditorio municipal, a partir das 20:30 horas, no marco da programación “Somos e Contamos”
A programación Somos e Contamos continúa coa exposición, talleres e proxección do traballo documental “Chicas Nuevas 24 horas”
A mostra sobre o documental da directora Mabel Lozano, no que se denuncia o negocio que xera a explotacións sexual de mulleres e nenas, poderá visitarse na Casa da Cultura a partir do próximo luns
O Concello de Valdoviño celebra xunto ao alumnado dos coles o Día Internacional da Música cun ciclo de concertos
A Concellería de Cultura deseñou un cartel que inclúe catro espectáculos esta semana no auditorio e Aula da Natureza
A Casa da Cultura acollerá un festival musical homenaxe a Juan Pardo a beneficio de Cáritas
Está organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra, e contará coas actuacións de Lázaro Arribe, Yoly García, Vicente Castiñeiras, Pablo Veiga e Los Nostálgicos
O Concello de Valdoviño abre preinscricións na programación da Escola Municipal de Música
Incluirá percusión, piano, guitarra, música e movemento e canto contemporáneo
