A exposición itinerante do Pacto Verde Europeo chega este venres a Valdoviño
Situarase nas inmediacións do parque infantil da Frouxeira, e o acto oficial de inauguración terá lugar o sábado a partir das 20 horas
Abertas inscricións no I Concurso Eco Es-Cultura Concello de Valdoviño
As obras deben realizarse a partir dos residuos retirados na Xuntanza de Limpeza Ambiental organizada o pasado sábado polo Océano Surf Museo
Xuntanza interxeracional e intercultural de limpeza ambiental na Frouxeira
Na iniciativa, organizada polo Océano Surf Museo, tomaron parte unhas trinta persoas de diferentes idades e nacionalidades
O Concello abre a inscrición na programación deportiva de verán OcioSol 2022
As actividades de baloncesto, tenis, fútbol, atletismo e multixogo para nenos e nenas, e ximnasia de mantenemento para persoas adultas, terán lugar na pista deportiva sita no paseo da Frouxeira
Música surf-folk con Joaco Terán este venres na contorna da praia da Frouxeira
O Océano Surf Museo convida á cidadanía a asistir ao concerto a partir das 20:00 h co que conmemora o Día Mundial do Surf
O Concello levará a cabo a cabo unha Xuntanza Interxeracional de Limpeza no areal da Frouxeira
A iniciativa, que promove o Océano Surf Museo, celebrarase o sábado 18 de xuño a partir das 11 h con participación aberta á veciñanza
O alumnado de 6º de Primaria iníciase na práctica do surf con bautismos na Frouxeira
A actividade, organizada no marco do proxecto Ares e Valdoviño no Mar que impulsan os 2 concellos, contou coa colaboración da Asociación de Escolas de Surf local
Valdoviño recupera a entrada á Frouxeira coa demolición do edificio ruinoso do Siroco
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde, Alberto González, supervisaron as obras do derribo e avanzaron que colaborarán nas obras de accesibilidade que se levarán a cabo na zona
O Concello inicia a demolición do Siroco
O alcalde, Alberto González, avanza o arranque dos traballos, que se centrarán nestes primeiros días na retirada da cuberta
Concello e AECC únense contra o sendentarismo a través dun programa de Rutas Saudables en plena natureza
O alcalde, Alberto González, e a presidenta da xunta local da Asociación Española contra o Cancro en Ferrol, Isabel Estevan, asinan o convenio de colaboración para a posta en marcha do proxecto