As Pontes, Cedeira e Narón súmanse ao Centro de Transformación e Apoio ao Medio Rural A Fusquenlla do que xa participan Cerdido, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño
As persoas interesadas no uso das instalacións deben realizar un curso de capacitación, e a inscrición na próxima convocatoria está xa aberta
O Concello aborda con COFER as posibilidades do polígono industrial das Boeiras para o asentamento de novos proxectos empresariais
Valdoviño ofrece unha bolsa de chan de titularidade pública a demanda de preto de 700.000 metros cadrados nunha inmellorable posición
Ondas de Sabor é o novo proxecto do Concello de Valdoviño presentado ao GALP A Mariña – Ortegal
Unha aposta firme de apoio ao sector marisqueiro, a través da visibilidade e recoñecemento do seu peso económico, a súa relevancia social e o seu papel na conservación do medio mariño
Valdoviño celebra esta fin de semana a XXV Baixada de Carrilanas a San Mamede coa vista posta en albergar o Campionato de Europa
O municipio galego soa con forza para acoller esta cita internacional, que se celebraría por primeira vez en territorio español
Cabo Ortegal xa é Xeoparque Mundial da UNESCO
É o único da Península Ibérica que obtén este distintivo nesta anualidade, uníndose así aos 15 xeoparques existentes no noso país
O Concello recurrirá a denegación da subvención por parte da Xunta para financiar as obras do saneamento nas Boeiras
A negativa baséase en que non está nunha bolsa de solo urbanizable industrial, pero ignora a súa inclusión no Plan Sectorial de Áreas Industriais pola que si reuniría as condicións para optar á axuda
O Concello de Valdoviño interpón un recurso contra a autorización administrativa previa do parque eólico Badulaque
Pide a paralización do expediente, e asenta o seu rexeitamento na aprobación da modificación urbanística coa delimitación de novos núcleos rurais que vetan a instalación de pas a menos de 500 m
O Concello presenta o proxecto de saneamento do polígono das Boeiras á liña de axudas aberta pola Consellería de Industria
As obras están orzamentadas en preto de 170.000 euros, e permitirían dar ese primeiro paso para activar a posta en marcha do polígono
O Concello promociona Valdoviño como destino surf no Surf Business Meeting de Bilbao
O alcalde, Alberto González, participa no congreso, que impulsa o municipio de Sopela, cunha ponencia sobre o peso económico do surf en Valdoviño
A Mancomunidade de Concellos liderará unha rede de Pobos do Surf integrada por Ferrol, Valdoviño, Carballo, Getxo, Ribamontán al Mar e Castrillón
O proxecto recibirá para a súa posta en marcha unha axuda próxima ao medio millón de euros do programa Experiencias Turismo España con cargo aos fondos Next Generation