Suspéndese o feirón mensual de xaneiro

A decisión tómase en base ás adversas previsións meteorolóxicas para este domingo

Valdoviño, 24 de xaneiro do 2026. O Feirón mensual suspéndese ante as previsións meteorolóxicas para mañá domingo, xornada na que continuaremos con fortes ventos e chuvascos xeralizados en toda Galicia. Ante esta situación, a Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra, que organiza a cita co apoio do Concello, decidía cancelar o mercadillo do último domingo de mes.