Sol Lamas González convida ao público a entrar no seu mundo de cores, texturas e emocións coa mostra “A vida entre pinceis”
A exposición poderá visitarse na casa da cultura de Valdoviño ata o 30 de abril
Valdoviño, 12 de abril do 2025. A pintora Sol Lamas González convida ao público a entrar no seu mundo de cores, texturas e emocións coa mostra «A vida entre pinceis». Onte á tarde tiña lugar o acto de inauguración da que constitúe a súa primeira exposición en Valdoviño. Un acto que contou coa presenza do alcalde, Alberto González, da concelleira de área, Rosana García, e de numerosas persoas que, pouco a pouco, foron enchendo a sala de exposicións temporais da casa da cultura. A mostra proponnos unha viaxe a través da imaxinación, onde a realidade e a fantasía se entrelazan. Co ánimo de que as súas obras emocionen, Sol Lamas asegurou que cada un dos seus cadros é un pedazo do seu sentir.
A partir de agora poderemos visitala ata finais de mes de luns a venres de 11:00 a 14:00 horas, e venres, sábado e domingo, polas tardes de 18:00 a 20:00 horas.