Sesión de autocinema este venres coa proxección da película “Mujercitas”
O Concello de Valdoviño inaugura a programación cultural de setembro con esta proposta, que se desenvolverá na explanada da Porta do Sol
O Concello de Valdoviño inaugura este venres a programación cultural do mes de setembro cunha sesión de autocinema na explanada da Porta do Sol. A partir das 22 horas, proxectará o exitoso filme «Mujercitas», a última adaptación cinematográfica da novela de Louisa May Alcott. Dirixida por Greta Gerwing, ofrece unha nova visión deste clásico sobre a vida das irmás March, sen traizoar a súa esencia. Unha película que vén avalada por crítica e público, con múltiples recoñecementos como as súas seis nominacións aos Oscars.
As persoas interesadas en asistir poden retirar as súas invitacións dende hoxe e ata o xoves (ou ata completar aforo) na Casa da Cultura, en horario de 10 a 14 horas. O pase conta co apoio da Deputación a través da Rede Cultural.