Servizos Sociais tramita as inscrición no Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas en Institucións que dá acceso ao certificado de profesionalidade

A acción formativa, promovida pola Deputación, celebrarase en Narón

O Concello de Valdoviño, a través do departamento municipal de Servizos Sociais, tramita as inscricións no Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas en Institucións co que obter o certificado de profesionalidade.

Esta acción formativa impartirase en Narón, cunha duración de 592 horas e 118 días lectivos -6 meses de formación-, e participación gratuíta. Está promovido pola Deputación, a través do programa PEL Sustentable no Ámbito Rural. 

A inscrición está aberta ata o 3 de setembro. Pide cita en Servizos Sociais no teléfono 981 48 70 41 extensión 5.