Servizos Sociais axuda na tramitación das solicitudes para o programa Benestar en Balnearios

Está dirixido a veciños e veciñas maiores de 60 ou de 55 pensionistas

 Valdoviño, 29 de setembro do 2023. O departamento municipal de Servizos Sociais asesora e axuda na tramitación aos veciños e veciñas que desexen tomar parte no programa Benestar en Balnearios. Tan só deben acudir á casa consistorial -planta baixa-, e solicitalo. 

A iniciativa está dirixida a persoas maiores de 60 anos ou de 55 pensionistas, que poderán desfrutar en réxime de pensión completa de estancias de 10 días nalgún dos 16 balnearios de Galicia incluídos no programa que promove a Xunta de Galicia a prezos máis reducidos -entre os 269 ata os 377 euros en función do destino elixido-. Hai varias quendas entre o 22 de outubro e o 31 de decembro. O prazo de presentación de solicitudes para beneficiarse da iniciativa está aberto, ata o 18 de outubro.