Image Alt

Rede de parques biosaudables

  /    /  Rede de parques biosaudables

En que consiste?

É un conxunto de instalacións municipais que contan con equipamento deportivo ao aire libre para facer exercicio e mellorar así a forma física, facilitando a práctica de actividade física entre o poboación adulta. Cada un dos seis circuítos que hai no municipio conta con máquinas e aparatos diferentes para traballar zonas concretas, mellorando a coordinación, elasticidade ou mobilidade. A súa situación, próxima aos parque infantís, propicia ademais a relación interxeneracional.

A quen vai dirixido?

Pode beneficiarse das áreas biosaludables o conxunto da poboación adulta, incluso persoas de idade avanzada. De feito, si se empregan correctamente as máquinas, os circuítos constitúen unha contorna axeitada para que as persoas maiores realicen prácticas de rehabilitación e, en xeral, reforcen a musculatura e fortalezan a función cardíaca e pulmonar.

Organismo responsable

Concello de Valdoviño.

Onde e cando

A rede municipal inclúe na actualidade seis circuítos biosaludables. Están situados xunto a praia da Frouxeira, xunto ao local social de Aviño, na área recreativa de Lago; en Pantín (Marnela), en Vilaboa, local social de Montefaro e xunto a escola unitaria de Vilarrube.