Image Alt

Covid-19

  /    /  Covid-19

Servizo de axuda a persoas maiores ou dependentes que vivan soas

O Concello de Valdoviño mantén operativos os teléfonos de axuda 695 096 198 e 628 711 080. Neles atenden as consultas e necesidades das veciñas e veciños maiores, daqueles persoas que viven soas e daquelas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.

Así, a través destas liñas telefónicas, o Concello tenta solventar as dúbidas que a veciñanza teña en relación ás medidas e restriccións aprobadas para previr a expansión do coronavirus.

Ademais, e en coordinación coa Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, tenta dar resposta ás necesidades que xurden no ámbito particular deste colectivo, como a entrega de medicamentos, produtos de primeira necesidade, desprazamentos a centros médicos…

En todo caso, o Concello apela a un uso responsable do servizo para garantir a súa eficacia en beneficio daqueles que máis o precisan.

Servizo de acompañamento para a vacinación

Dende que se iniciaran as campañas de vacinación fronte ao coronavirus, o Concello de Valdoviño facilita o desprazamento ao centro de saúde de Narón ou ás instalacións sanitarias de Ferrol aos veciños e veciñas maiores que viven soas e non contan con medios para trasladarse aos municipios veciños, onde a Xunta estableceu a vacinación deste colectivo fronte á covid-19.

Así, as persoas interesadas deben chamar aos números 695 096 198 e 628 711 080 e o Concello avalía a súa situación como paso previo para autorizar o desprazamento.

Instalacións Sanitarias

O Concello mantén a carpa que instalaba a primeiros de ano á entrada do centro de saúde para a realización de test de antíxenos. Daba así resposta á petición realizada polo equipo médico das instalacións sanitarias para favorecer a realización, nun entorno seguro, deste tipo de probas. Unha infraestrutura que evita o acceso ao centro de saúde, ao tempo que se axuda a evitar aglomeracións á porta das instalacións.

Protocolos Covid

Dende o inicio da pandemia, o Concello de Valdoviño adoptou estritos protocolos de prevención no funcionamento dos servizos municipais que, ao longo do tempo, se foron adaptando ás directrices establecidas polas autoridades sanitarias. Nos edificios municipais, ademáis dos dispensadores de xel e controis de temperatura corporal, habilitáronse mamparas para evitar o contacto directo e, no caso concreto da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia procedeuse á instalación dun porche cuberto na entrada principal para evitar o acceso das familias ao interior, así como dunha sala de illamento ante posibles casos.

Recomendacións e consellos

O Concello de Valdoviño implicouse dende o inicio da pandemia nas labores de difusión e comunicación das medidas, recomendacións e consellos marcados pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade. Podes consultar os últimos datos sobre a pandemia e outra información de interese no seguinte enlace: