En que consiste?
É un servizo de comida a domicilio ideado para contribuír á permanencia na contorna familiar das persoas maiores con algún tipo de dependencia, evitando situacións de risco que se poidan producir no proceso de elaboración da comida, e garantíndolles unha alimentación equilibrada e de calidade. Ademais permite facer un seguimento dos/as usuarios/as por parte dos/as profesionais que serven os menús.
A quen vai dirixido?
Poderán beneficiarse deste servizo veciños/as dependentes que precisen axuda para preparar a comida, ademais das persoas maiores de 60 anos que carezan de apoio familiar, e requiran apoio á hora de cociñar, e os/as menores desa idade que se atopen en risco de exclusión social. En calquera caso para acceder a este servizo, cómpre a valoración dos Servizos Sociais municipais. O prezo do menú é de 6,60 euros, tendo a persoa usuaria que achegar 1,76 euros. O resto o financian a Xunta e o Concello.
Organismo responsable
Tramitación por parte dos Servizos Sociais Municipais.
Prestación ofertada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Onde e cando
Solicitude aberta todo o ano nos Servizos Sociais municipais, suxeito a existencia de prazas vacantes dentro das conveniadas polo Concello de Valdoviño.