Image Alt

Terapias alzheimer

  /    /  Terapias alzheimer

En que consiste?

Programa de estimulación cognitiva para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias que permiten frear o avance da enfermidade e ofrecen un respiro familiar á persoa coidadora, así como apoio e asesoramento.

A quen vai dirixido?

Persoas afectadas de alzheimer e outras demencias en estadíos iniciais e moderados.

Organismo responsable

Organiza o Concello de Valdoviño e guía as sesións Afal Ferrolterra.

Onde e cando

De setembro a xullo, martes e xoves de 11 a 13 horas no Centro Sociocomunitario. Inscrición aberta durante todo o ano.

Descarga do impreso