Image Alt

Teleasistencia

  /    /  Teleasistencia

En qué consiste?

É un servizo técnico vencellado á axuda no fogar, concibido para facilitar que as persoas maiores, especialmente as que viven soas de forma permanente ou a meirande parte do día, poidan continuar residindo no seu domicilio. As persoas usuarias con só premer o botón da pulseira ou de medallón que deben levar sempre consigo conectarán cunha central de atención que mobiliza todos os recursos necesarios en caso de emerxencia os 365 días do ano e durante as 24 horas, ademais de proporcionarlles de forma habitual certa compañía, contribuíndo a darlles tranquilidade e seguridade.

A quen vai dirixido?

As persoas dependentes poderán acceder a esta prestacións no marco da Lei de Dependencia, debendo cofinanciar o servizo. Poderá ser prestación única no caso de persoas que teñan recoñecido un grao I de dependencia moderada, e complementaria doutras no resto de casos.


Tamén os/as veciños/as maiores de 65 anos non dependentes poden contar co servizo de balde que ofrece aos concellos a Deputación da Coruña.

Organismo responsable

Tramitación por parte dos Servizos Sociais Municipais.
Prestación ofertada pola Xunta de Galicia ou pola Deputación da Coruña.

Onde e cando

Solicitude aberta todo o ano. No caso das persoas non dependentes, suxeito á dispoñibilidade de terminais. 

Descarga de impresos