Image Alt

Talleres de memoria

  /    /  Talleres de memoria

En que consiste?

É un programa de estimulación cognitiva co que, a través de actividades formativas, buscamos mellorar a memoria a curto e longo prazo. Un programa con participación gratuíta para os veciños e veciñas de Valdoviño.

A quen vai dirixido?

Persoas maiores de 60 anos.

Organismo responsable

Organiza o Concello de Valdoviño.

Onde e cando

Celébrase anualmente entre os meses de outubro e xuño, con sesións semanais dunha hora de duración no centro sociocomunitario de Valdoviño e no local social da parroquia de Meirás.

Descarga do impreso