Image Alt

Servizo municipal de axuda no fogar

  /    /  Servizo municipal de axuda no fogar

En que consiste?

É o programa de atención sociosanitaria máis importante de cantos ofrece o Concello de Valdoviño. Trata de mellorar a autonomía dos/as veciños/as con problemas de dependencia- valorada ou non, contribuíndo a mellorar as súas condicións de vida na contorna familiar, evitando ou retardando a súa entrada en centros residenciais. Fundamentalmente, as auxiliares do programa axudan ás persoas usuarias na realización das actividades básicas do día a día (erguerse ou deitarse, coidado da hixiene persoal, control da alimentación e medicación…), acompañamento, necesidades de carácter doméstico e da vivenda…


Conta con dúas modalidades: a de acceso directo (prioritaria) destinada a persoas ás que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa individual de atención; e a de libre concorrencia (veciños/as que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia).

A quen vai dirixido?

Segundo establece a ordenanza, o programa está aberto a todas as persoas para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, así como fogares con menores, en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. En calquera caso, terán prioridade as persoas ás que se lles asigna no marco do Sistema de Atención á Dependencia.

Organismo responsable

Concello de Valdoviño.

Onde e cando

Tramítase durante todo o ano nos Servizos Sociais de Valdoviño.

Descarga de impresos