En que consiste?
O Concello de Valdoviño pon a disposición das persoas con mobilidade reducida un servizo municipal de cadeiras autopropulsadas para deslizarse pola area da praia da Frouxeira e entrar á auga. Un servizo sen custe para a persoa usuaria coa que facilitarlle o acceso e desfrute da praia. Consta de 2 cadeiras autopropulsadas e 1 manta para deslizar as cadeiras.
A quen vai dirixido?
-Persoas con problemas de mobilidade
-Persoas en cadeiras de rodas
-Persoas que queiran acceder con carriños de bebé
-Persoas con discapacidade motora en menor grao
-Escolas deportivas do Concello para favorecer a accesibilidade das súas persoas usuarias
Organismo responsable
Concello de Valdoviño
Onde e cando
A reserva das cadeiras debe realizarse na Oficina Municipal de Turismo (Porta do Sol), nos meses de xullo e agosto, os luns de 11 a 15 horas, martes de 15 a 19 horas, e de mércores a domingo de 11 a 19 horas.
Tel. 981 19 52 74