En que consiste?
Sesións formativas sobre informática e novas tecnoloxías dirixidas ás persoas maiores, sen coñecementos previos na materia. Adquirirán así coñecementos sobre o manexo do ordenador e diferentes programas de utilidade, así como ferramentas para a búsqueda de información de interese ou mesmo para a realización de trámites cotiás como solicitar unha cita médica ou realizar unha compra. Un programa con participación gratuíta para os veciños e veciñas de Valdoviño.
A quen vai dirixido?
Persoas maiores de 59 anos.
Organismo responsable
Organiza o Concello de Valdoviño.
Onde e cando
Ofértanse ao longo do ano talleres puntuais no centro sociocomunitario, cunha duración media estimada dun mes e sesións semanais de hora e media de duración.