Image Alt

Musicoterapia

En que consiste?

A través da música, os sons e as vibracións, buscamos mellorar a comunicación, a aprendizaxe, a memoria, a motricidade e a expresión, e todo isto, dende unha perspectiva lúdica. Un programa con participación gratuíta para os veciños e veciñas de Valdoviño.

A quen vai dirixido?

Persoas maiores de 55 anos.

Organismo responsable

Organiza o Concello de Valdoviño e guía as sesións Afal Ferrolterra.

Onde e cando

Celébranse anualmente entre os meses de outubro e xuño, con sesións semanais de hora e media de duración nos locais sociais das parroquias de Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa.

Descarga do impreso