Image Alt

Lei de Dependencia

  /    /  Lei de Dependencia

En que consiste?

A coñecida popularmente como Lei de Dependencia é un norma estatal que regula o dereito das persoas con problemas de autonomía persoal a un conxunto de servizos e prestacións para fomentar a súa autonomía, así como para mellorar a súa protección e atención mediante servizos asistenciais públicos ou privados que conten coa debida acreditación. A valoración do nivel de dependencia establece unha escala de tres graos. E en función de cada caso, proporase un plan de atención, asignándolle determinadas prestacións incluídas no Sistema Galego de Atención á Dependencia (atención residencial ou diúrna, axuda no fogar, teleasistencia, apoio á mobilidade…), sufragándoas en parte, segundo a renda do solicitante. Excepcionalmente, se concede a prestación para coidados na contorna familiar.

A quen vai dirixido?

Poden beneficiarse das prestacións e servizos que recolle a Ley de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las persoas en situación de dependencia todos aquelas persoas cidadás españolas que se atopen en situación de dependencia. Isto é, que precisen con carácter xeral para as actividades básicas da vida cotiá máis elementais (coidado persoal, mobilidade ou funcións básicas mentais e intelectuais) doutras persoas ou de axudas importantes. Deben levar residindo no país un mínimo de cinco anos, dous inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

 

Tamén se poden beneficiar os/as menores de tres anos con grandes discapacidades.

Organismo responsable

Valoración e recoñecemento dependen da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social na provincia de residencia.

Onde e cando

O prazo de solicitude está aberto todo o ano. A tramitación da solicitude iníciase da man do/a traballador/a social dos Servizos Sociais Municipais ou ben a do centro de saúde de referencia.

Descarga de impresos