En que consiste?
Este documento facilita a acreditación da condición de persoa con discapacidade do seu titular e o acceso a determinados servizos que poidan mellorar a súa calidade de vida.
A quen vai dirixido?
Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
Organismo responsable
Expídese de oficio para aquelas persoas con recoñecemento do grao de discapacidade, pero tamén por petición expresa das persoas interesadas ou por quen teña a súa representación nos seguintes supostos: aquelas que teñan recoñecido un grao de discapacidade, xa sexa de carácter definitivo ou provisional, igual ou superior ao 33%, e nos casos de perda ou substracción.
Onde e cando
A través da sede electrónica da Xunta, trámite que realizaremos por ti no departamento municipal de Servizos Sociais. Un procedemento aberto durante todo o ano.
