Image Alt

Recoñecemento do grao de discapacidade

  /    /  Recoñecemento do grao de discapacidade

En que consiste?

Trátase dun proceso para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar actividades básicas da vida diaria, e se ese grao é igual ou superior ao 33% dá acceso a unha serie de beneficios fiscais, laborais, económicos, educativos e sociais, entre outros.

A quen vai dirixido?

Está dirixido a persoas de calquera idade cunha discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou que padezan unha enfermidade incapacitante ou crónica grave.

Organismo responsable

Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de valoración e orientación dependentes das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, e no departamento municipal de Servizos Sociais axudámosche a tramitar a solicitude.

Onde e cando

Nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e no departamento municipal de Servizos Sociais, durante todo o ano.

Descarga de impresos