Image Alt

Deducións no canon da auga

  /    /  Deducións no canon da auga

En que consiste?

Son bonificacións no recibo que pagan polo subministro de auga, aplicable tanto a unidades familiares en risco de exclusión social como a familias numerosas. No primeiro caso, alcanzan 100% da contía do canon, mentres que no segundo será do 50%, aplicándose exclusivamente á vivenda persoal.

A quen vai dirixido?

Persoa que figura como titular no título de familia numerosa, aplicándose o desconto só ao domicilio habitual no que se atopa empadroada. No caso de ter concedida a bonificación no canon de saneamento, aplicarase de xeito automático.


Por outra banda, poden solicitar a exención no canon aquelas unidades de convivencia independentes cuxos ingresos totais non superen o importe do IPREM e, polo tanto, se atopen nunha situación de vulnerabilidade. Ademais unha das persoas debe ser perceptora de RISGA, ou pensión non contributiva de invalidez ou xubilación ou falta de recursos unida a unha situación de desemprego ou imposibilidade de desempeñar un traballo remunerado.

Organismo responsable

Augas de Galicia.

Onde e cando

Ao longo de todo o ano, a través dos Servizos Sociais municipais, que deberán facer un informe acreditando a situación de vulnerabilidade. Os/as peticionarios/as poden tramitalo tamén directamente na sede de Augas de Galicia.

Descarga de impresos