Image Alt

Bono social eléctrico e térmico

  /    /  Bono social eléctrico e térmico

En que consiste?

É un desconto na factura eléctrica, fixado polo Goberno, para protexer aos colectivos de consumidores económica ou socialmente máis vulnerables. Supón unha rebaixa na factura do 25 ou do 40 %, segundo sexan consumidores vulnerables ou vulnerables severos. Ademais, as persoas beneficiarias contan cun período máis amplo para facer fronte ás facturas sen aboar. E no caso de impago, non se lles poderá cortar a luz se hai algún/ha menor de 16 anos, persoas con discapacidade ou dependencia.


A Xunta de Galicia completa estas axudas para “garantir ás persoas vulnerables o acceso continuado ao subministro eléctrico”, facéndose cargo doutro 50 % das facturas, co límite de 300 euros/ano ou 450 no caso de familias numerosas.


A concesión do Bono Social Eléctrico leva aparellado a concesión automática do bono social térmico para compensar os gastos polo uso da calefacción, auga quente ou cociña.

A quen vai dirixido?

Titulares acollidos/as ao prezo voluntario para o pequeno consumidor, cunha potencia contratada na súa vivenda habitual igual o inferior a 10 kW que, polo nivel de renda da unidade familiar, sexan considerados/as economicamente vulnerables (máximo de 11.279,39 €/año sen menores nin circunstancias especiais e 18.798,98 €/año con dous/dúas menores) ou moi vulnerables (renda igual ou inferior ao 50% do requirido para o/a consumidor/a vulnerable).


Poden beneficiarse todas as familias numerosas, sendo consideradas se teñen uns ingresos iguais ou inferiores aos 15.039,18 €/año “consumidores vulnerables severos”. Teñen máis posibilidades as unidades familiares cuxos ingresos proceden exclusivamente de pensións mínimas e, como novidade, familias con persoas que perderon o emprego a causa da pandemia, traballadores/as en ERTE e autónomos/as que viran diminuír a súa facturación nun 75 %. Con todo, para este casos se aumentan os niveis de renda. No caso da axuda extra autonómica, é preciso ser residente en Galicia e beneficio/a do desconto do 40%.

Organismo responsable

Todas as empresas comercializadoras de electricidade teñen a obriga de ofrecer e financiar o bono social eléctrico. Os Servizos Sociais municipais ofrecerán información sobre o mecanismo de desconto e tramitarán o complemento autonómico da Xunta.

Onde e cando

O bono social solicitarase en calquera momento, por teléfono, correo electrónico, correo ordinario, ou fax directamente á comercializadora de referencia. Os Servizos Sociais municipais ofrecen información sobre o mecanismo de desconto e tramitan o complemento autonómico da Xunta.