Image Alt

Axudas de Inclusión Social

  /    /  Axudas de Inclusión Social

En que consiste?

Prestación económica non periódica destinada a posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social das persoas solicitantes, así como atender gastos extraordinarios e urxentes en situacións de grave emerxencia que poidan desencadear un proceso de exclusión social. Terá sempre carácter subsidiario doutras concedidas para a mesma finalidade, podendo solicitarse para o pagamento de débedas de aluguer da vivenda; mellora da súa habitabilidade; dotación de mobiliario básico; cobertura de necesidades primarias de alimentación, vestido e enxoval doméstico; atención sanitaria e sociosanitaria non cuberta polo Sergas; actuacións complementarias e de acompañamento vencelladas aos itinerarios de inclusión social, e casos de trastornos relacionados coa drogodependencia.

A quen vai dirixido?

Persoas maiores de idade, empadroadas en concellos de Galicia, que non dispoñan de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación pola que solicita a axuda. Con carácter xeral, ingresos non superiores ao 125 % do importe do tramo persoal e familiar da RISGA, agás no caso das axudas para alimentación no que se computarán os ingresos efectivamente percibidos pola persoa solicitante e os restantes membros da unidade de convivencia.

Organismo responsable

Consellería de Política Social.

Onde e cando

A traballadora social dos Servizos Sociais municipais orientará e informará ás persoas interesadas en todo o referente aos trámites e documentación da solicitude e, tras a presentación da solicitude, terá que elaborar a valoración social pertinente.

Descarga do impreso

Outras axudas de Inclusión Social

Pensión contributiva de invalidez

Axuda económica para persoas maiores de idade (entre os 18-65) que non dispoñen dunha pensión contributiva e contan cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Pensión contributiva de xubilación

Os maiores que non dispoñen dunha pensión de xubilación poden solicitar unha prestación económica periódica para garantir o as súas necesidades básicas.

Complemento de aluguer pensión non contributiva

Unha axuda económica complementaria para o pago do aluguer para as persoas solicitantes da pensión de xubilación ou de invalidez.