Image Alt

Somos e contamos

En que consiste?

É o programa municipal de igualdade que impulsa ao longo do ano o Concello de Valdoviño, e que intensifica en datas puntuais como o 8M, Día Mundial da Muller, ou o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Entre as súas accións, a maiores das deseñadas nestas dúas datas, o Concello programa actividades formativas con preferencia de participación para as mulleres; charlas sobre temas de interese para estas, e exposicións. Ademais, o programa tamén contempla a Biblioteca Ser e Contar, con publicacións centradas na igualdade, a diversidade persoal e a educación emocional. Deste xeito, búscase poñer á disposición da comunidade educativa unha serie de libros que facilitan a formación e constitúen útiles ferramentas coas que traballar nas aulas valores como a igualdade e a diversidade.

A quen vai dirixido?

As actividades están dirixidas á sociedade en xeral, e dependendo da acción, contan con preferencia de participación para mulleres. Así mesmo, a Biblioteca Ser e Contar está enfocada á comunidade educativa.

Organismo responsable

Concello de Valdoviño en colaboración co tecido asociativo.

Onde e cando

Ao longo de todo o ano, nos inmobles municipais e centros educativos.