En que consiste?
O Concello de Valdoviño desenvolve ao longo do ano, e especialmente co gallo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI, unha serie de accións enfocadas a dar potenciar o respecto á liberdade e á diversidade sexual. Accións de visibilización centradas no ámbito educativo, cultural e social. Entre ellas, conferencias, obradoiros, exposición, etc.
A quen vai dirixido?
As accións van dirixidas á poboación en xeral, buscando especialmente a participación máis activa de mozos e mozas.
Organismo responsable
Concello de Valdoviño.
Onde e cando
En centros educativos, instalacións municipais ou a pé de rúa, e ao longo de todo o ano, con especial incidencia no mes de xuño.